Archive for the ‘Rutas del jubilado’ Category

Aviso a navegantes

Jueves, Mayo 22nd, 2008

Pego un email de Carmen, informando de novas actividades, por se resultan de interese…

Hola son Carmen de Primavera Activa amiga de Rocio, non sei si vos quedachedes con ganas de máis actividades , porque concello de Ares ten éstas por 8 euros preto de Mugardos a mitad de camiño entre Coruña y Ferrol:

Outro ano máis, e xa van sendo moitos, o Servizo de Deportes do Concello de Ares convoca “por terra mar e aire” o Programa de Actividades na Natureza para os meses de maio e xuño de 2008, en colaboración co Concello de Mugardos.
Este ano as actividades son:
- Canoa na Ría de Mugardos (24 de maio).
- Rotas a cabalo polo Belelle (25 de maio).
- Canoa na Ría de Ares (31 de maio).
- Rota en bicicleta de montaña Entre Dúas Rías (1 de xuño).
- Rotas a cabalo polo Belelle (1 de xuño).
- Rota de sendeirismo Mugardos - Ares (15 de xuño).

A da canoa ten moi boa pinta, cando chamei non tiñan a ninguén apuntado,se vos interesasen na páxina web do concello aparece o telf o que hai que chamar, ou tamén mo pedides a min. Rocio a máis eu fumos a outra actividade da xunta de primavera activa coa cofradía de pescadores de Lira, moi recomendable, eu vomitei dúas veces pero a expericia de pescar fanecas, sargos .. é única

…alguén se anima? (Mil grazas Carmen!!!)

Politono: Te mato

Martes, Abril 22nd, 2008

…todos os dereitos reservados del jicho de los 5 pavos… ojito con él!

…quén se ven de turismo rural?

Viernes, Febrero 15th, 2008

Por só 60€, un fin de semán nunha casa rural con todo incluido… e ademáis actividades de sendeirismo, kayak, espeleoloxía…

Primaveractiva

Actualización:

Bueno, despois da aventura desta mañá (sinto as molestias a todos!) xa está a casa collida. En especial, jódeme por Luis e Silvia que lles coincide un concerto esa fin de semán, pero é que a cousa estaba imposible! Deberon flipar os dos teléfonos, co acoso e derribo que recibiron durante toda a mañá (non só por min)

A casa chámasa Casa Cruceiro e está en Arbo, na fronteira con Portugal. Está dentro do Programa 11, co cal temos actividades fluviais polo miño e pedestres polas cercanías.

Agora só queda facer o ingreso en La Caixa, na conta 21004257942200056231 co concepto (por exemplo): Prog. 11 Casa Arbo Emp. Hidria Primaveractiva, para despois enviar un FAX co recibo e fotocopia do DNI ó 981545843 [por certo, non o dixen, pero os do Carné Xove ou Máis teñen un desconto do 25%]

…e non quero ser repetitivo, pero igual ainda hai posibilidades de que parellas individuais ou pequenos grupos podan ir a algunha das outras casas.

Cicloturistas

Viernes, Octubre 19th, 2007

Esta é a primeira experiencia de cicloturistas pola terra de trasancos. O servizo de alugueiro de bicicletas funciona de marabilla e as bicis están bastante ben, pesan un pouco pero son cómodas, novas e con marchas.

Cicloturistas

Na primeira travesía acudimos ó paseo de San Valentín, en Fene, tras a saida dende esteiro. Afortunadamente asfaltaron o Montón así que o paseo por caranza e as pías foron un xogo de nenos.

…se o cu nolo permite, hoxe repetiremos… :)

En fago non hai terrazas

Jueves, Septiembre 27th, 2007

Fago non é New YorkRocío envía esta foto (queremos máis!), que da boa conta do que se coce en Fago… e porqué pasan alí cousas como as que pasan

Portugal é máis bonito que a Galiza

Martes, Agosto 7th, 2007

…este é o video de Luis, saindo de Galiza… pero hai máis videos pandilliles en:

http://www.youtube.com/profile?user=tunelesymontes

…podedes subir os videos a youtube co usuario: tunelesymontes e o contrasinal que xa todos sabedes :D

…qué se fai nas Cíes?

Jueves, Agosto 2nd, 2007

As 7 marabillas da terra de trasancos… pandilliles!!!

Martes, Julio 10th, 2007

Como parece que está de moda escoller as 7 marabillasa do mundo, as sete marabillas do estado español, as 7 marabillas galegas… porqué non as 7 marabillas da comarca de ferrolterra ou da terra de trasancos… pero en versión pandillil?

Pois aquí vai un pequeno listado, a falta de que nos comentarios votedes ou engadades máis sitios (e empezando por supusto… por Túneles e Montes, claro!):

- Os túneles do faro de Meirás
- O monte de Campelo
- A igrexa de Chamorro
- A praia dos curas.
- O monte de Ancos.
- A ermita de Santa Comba.
- A praia dos botes.
- (o sitio ese onde imos facer que pescamos, no porto exterior [deixar o nome exacto nos comentarios, que non me lembro])
- A cruz de San Cristobal
- O castelo en ruinas de Cariño, que non lembro o nome.
- …

Poñede máis nos comentarios… e a votar!!!

ACTUALIZACIÓN: Visto o éxito, abrimos unha enquisa… como deus manda!!! (…pero limpando e reestructurando un pouco as aportacións)

Enquisa pandillil: ¿Cales son as nosas 7 marabillas?

Vistas dende goente

Domingo, Enero 28th, 2007

…outra reportaxe do voso reporteiro bitacoreiro…

Cambio de nombre

Viernes, Agosto 11th, 2006