De Ponzos a Campelo. Sábado 5 de Xaneiro de 2008
Xa había tempo que tiña un gañas de faceren esta ruta, máis o que non desexaba era facelo un día que caeran uns chuzos do carallo ….. e o día da Cabalgata de Reis, a que me perdín.
O asunto é que decidimos que a camiñada fose o sábado para que viñese o Sr. Dorfun, pero o Platixeiro decidiu quedar na casa coa súa bata, o colacao e máis a súa súper conexión a internet. Non foi mala opción pero a verdade é que se rilou e nos deixou tangaos …… je je
En canto ó Carpanta, idem de lienzo :” …… no sabes lo que me pasó , atiéndete ex-padrino, la parienta, me fui a la nieve y me hice una fendecha en la rodilla ……… me quedo en el palomar …….”
Así que fomos os tres de sempre : Mario, Cabo e mais eu.
A ruta sae de Ponzos. Vaise ata o final da praia e se sube polos antigos lavadeiros das minas ata as pistas forestais que se dirixen sempre paralelas á costa. O vento era infernal e non paraba de chover pero o que se vían entre as nubes eran uns cantís espectaculares
Ademáis o maretón era tremendo e as ondas de minimo 6 m. petaban contra a costa que metía medo. Case que ó final chegamos á fermosa Illa Lopesa onde tiña o costume de pescar Manel
Ó final despois de máis de 8 Km, e medio enchoupados chegamos a Campelo, a onde nos foi recoller o pai de Cabo. A pesares de todo pagou a pena. Penso voltar , pero cando faga sol.
Etor




Xaneiro 12th, 2008 at 12:38 p.m.
…os de “Al filo de lo imposible” son unha panda de pringadillos de fin de semán… sobre o meu rile… non vou opinar…
Xaneiro 17th, 2008 at 1:05 p.m.
Rilaoooooo !!!
Febreiro 8th, 2012 at 8:46 p.m.
An impressive share, I just given this onto a colleague who was doing just a little analysis on this. And he the truth is bought me breakfast simply because I found it for him.. smile. So let me reword that: Thnx for the treat! But yeah Thnkx for spending the time to discuss this, I feel strongly about it and adore reading extra on this topic. If doable, as you become expertise, would you mind updating your blog with more details? It is actually extremely valuable for me. Big thumb up for this weblog post!