Archive for Octubre, 2005

saludos desde laponia

Lunes, Octubre 31st, 2005

despues de dos vuelos, un paseo por London,una sobada en el aeropuerto y una visita a la famosa sirenita de Copenage,por fin estamos en Fejø,una tranquila isla danesa como ya sabeis y pequeña como no os imaginais en tres horas lo viste todo o casi todo.
Estamos esperando ha que llege Frodo (el dueño de la factoria de salmon que esta en USA) para arreglar los papeles (contratos,taxcard etc…)supuestamente empezamos el jueves asi que estamos todo el dia de farra (beer,wine,joint and friends) .
ayer “de noche”cenamos en casa de la “MAMA”de Oscar cena multicultural (daneses,españoles,filipinas,italiano,tailandesa) no me entere de nada pero me rei toda la noche.
no se como colgar las fotos,le pedire a Oscar que me enseñe espero hacerlo pronto .
saludos para todos desde Fejø.
karpy

La chotada de la semana e “Festa do cogumelo nas Pontes”

Lunes, Octubre 31st, 2005

Carta dende o frío

Domingo, Octubre 30th, 2005

O señor Karpi, envía un correo solicitando os contrasinais para escribir nesta bitácora… será verdade!?!?

En calquera caso, copio e pego o pouco que comenta no correo:

Bueno de aqui contar que hace frio espeso y no me entero de nada, menos mal que varios hablan español (anton,rosalia,cabo y giorgio un chico italiano que va a trabajar con nosotros) .estuvimos paseando por londres tres horas,vimos el palacio real ,picadilli circus ,trafalgar square ,el big ben ,la torre de londres y tomamos una pinta en un tipico pub ingles.despues dormimos en el aeropuerto tirados en los sacos,una pequeña aventura ahora empieza la grande. manda eso para poder escribir algun articulo en la bitacora. saludos para todos

…o seguinte, agardo que o conten eles!

POR SI LAS MOSCAS …

Miércoles, Octubre 26th, 2005

Por fin!!! Vale más que le demos un buen estreno al rincon de las matildas porque igual a este lover le da un viento de los suyos y nos lo quita.
Por fin me dan el coche esta semana( en principio, todavía está por ver) y más le vale porque comoel viernes no lo tenga me cargo al cabrón de Trinquete.
Así que ya sabeis si al final es así os llevo a dar un paseo en el maquinillo II, bueno siempre y cuando no se me haya olvidado conducir. Espero que este tenga un poco más de suerte que el 1º porque sino creo que me paso a la bici que consume menos y además quema calorías.
Un besazo a todos y a ti Lover ten compasión de los vagos como yo que no damos quitado ánimo suficiente para escribir, ¡Vale !! era broma es que te estoy imaginando diciendo: “¿Cómo estadesme tomando o pelo? y si así es jajaja.

Zeltia “Zoncha”

ASCENSIÓN A PENA TREVINCA

Lunes, Octubre 24th, 2005

Cóntovos en”breve” as nosas aventuras en Trevinca. Fórmase unha expedición formada por 5 montañeiros Cabo, Mario, Héctor, Luis Bermejo e Rocío . Os tres primeiros saen dende Ferrol hacia O Barco de Valedorras ás 17:30 h. do venres 7 de Outubro. O noso obxectivo alí é contactar co clube de Montaña Pena Trevinca para poder pasa-la noite no refuxio de “Fonte da Cova”. Unha vez en O Barco empeza a aventura : preguntas a taxistas, a un garda forestal, a rapaza da ferretería Moncho…….e acabamos no pavillón municipal, onde está a sede do clube. Os tipos son moi enrollados e nos din que por 5 Euros cada un podemos ficar no refuxio a pesares de non estar federados. As chaves colllémolas na gasolineira Cepsa camiño de Sobradelo. Ó fin chegamos ó refuxio, xa de noite. É un pouco cutre; pero ten auga quente, baños, luz, e unha lareira central rodeada de bancos amais de leña nun sótano que pon medo ó que se baixa a través dunha trampilla e que parece sacado dunha peli de Hitchcock. As camas están no 1º andar pero non teñen colchón, así que durmiremos no chan que é de madeira, enriba de mantas e esterillas.

Sobre a 1:00 AM chegan Luis e Rocío. Como xa temos brasas poñemo-la tira de churrasco e de seguido se fai. Está ben rica e tamén tomamos bo viño de Valedoras e de Quiruelas coa bota de Luis……risas…….bo ambiente a carón do lume.

Son as 4:00 AM e saimos fora. Noite estrelada espectacular. Vese a Via Láctea e zoan os ouvidos de oir a nada. Vai unha friaxe do demo, normal pois estamos casia 1800 m de altitude. As 4:45 AM deitámonos, pois mañá haberá que madrugar e o día será duro.

Refuxio Fonte da Cova

Ás 9:00 AM soa o espertador. Almorzo cutre de zume de brick con croisans e froita. Nin café nin merda…..todo frío…..non temos cazo para quence-lo café nin temos leite….en fin …haberá que “jodense”.

Macizo das Trevincas

Emprendemo-lo camiño. Os 4 primeiros km. Son en coche por unha pista chea de po que parte ó pouco de pasa-lo refuxio, á dereita. Deixamo-lo coche na “Cabrita” (1691m) entre un dumper e un land rover abandonados nunha especie de mina louseira , pizarra. Escomenzamos a camiñar e as primeiras rampas son infernais ata rodear o pico da Escrita (1897m). O camiño suavízase agora. Observamos o Teixedal de Casaio baixo os nosos pes. É un bosque de teixos único e as árbores parecen minúsculas, coma se dunha maqueta se tratase.

Teixedal de Casaio

Máis ó sul vese Pena Surbia coas rochas asomando ameazantes. Baixo ela vemos unha pequena lagoa redonda que é o inicio do Regato Penedo. Máis adiante e á nosa esquerda temos os Lagos de La Baña. De súpeto un carallazo nos asusta ….é un barreno da canteira de lousa enriba dos lagos. Menuda merda esas louseiras, un non está tranquilo nin no monte. Tamén vemos O Picón (2078m) cunha caseta no seu cume; é unha parede vertical incrible.
Rodeamos Pena Surbia (2112m) por detrás, sen subila, e empezamos a baixar cara a unha zoa húmida, e moi plana onde nace o ríoTera. Está o chan todo negro e algo fumeante por mor dun incendio do día anterior. Así que a camiñar por medio da cinza. Semellan as terras de Mordor….Cando estamos baixo a Pena Negra (2123m) non encontramo-lo camiño. Mario e Cabo deciden gabear cara a cresta pola parte máis difícil e vertical, a cara leste. É unha parede de rochas de polo menos 250 m. O resto subimos polo camiño máis fácil, polo sul, guiándonos por montonciños de pedras (milladoiros) deixados por outros montañeiros. Cando chegamos á golada entre Pena Trevinca (2127m) e Pena Negra, os dous tolos están subidos no cume deste último berrando e reclamando foto.

Pena Trevinca

Mario e Cabo no Pena Negra

Baixan dela e todos xuntos subimos á Pena Trevinca, onde coincidimos con 6 montañeir@s que veñen dende Sanabria despois de atravesar varios incendios. Casi non cabemos todos no cume!! O fume nos quita a visión da parte zamorana. Descansamos e comemos algo. Deixamos unha mensaxe escrita en papel de servilleta no buzón do clube de montaña para deixar constancia da nosa fazaña. Tamén flipamos co mini belén navideño agochado entre as rochas e cunha enorme cruz de hormigón tirada no chan e que está adicada a un franciscano. Ó lonxe vese o refuxio no que durmimos…


No cume de Pena trevinca (2127m)

Baixamos da Trevinca e subimos o Pena Negra con Mario e Cabo de guías, agás Rocio que espera abaixo durmindo unha sesta. O cume é bastante aéreo, rochoso e temos unha visión impresionante do profundo abismo de Foxo Castaño……medo……como para caer…….imaxinádeo con neve, un resbalón e adeus.

Héctor e Luis Bermejo no cume do Pena Negra (2124 m), por encima do Foxo Castaño

A partires de aquí dividímonos. Luis, Rocío e máis eu voltamos polo mesmo camiño, mentres que Mario e Cabo, ávidos de aventuras van pola liña de crestas ata o Pena Surbia (2112m). Baixan e regresamos todos xuntos, sen decir nin mu e con continuas paxaras, non hai zucre que nos chegue….teño visións : as montañas parecen moverse … estou pillao!!!

Collemos o coche e imos ó refuxio onde nos esperan Amador e Zeltia que foron ver As Médulas. E para a casa. Sigo pillao pois as costas para abaixo parécenme subidas…..!!! Estamos destrozados despois de 8 horas de camiñada e 24 Km. Ida e volta, todo para subir a montaña galega máis alta.

CONSEGUÍMOLO !!!!!!

Etor

C2H6O

Domingo, Octubre 23rd, 2005

Bua neno neniño

Viernes, Octubre 21st, 2005

Mi primer articulo quiero dedicarselo a todas las anchoas divorciadas y separadas que hay por ahi. Simplemente decir que estas palabras sirven para introducir una serie de comentarios a los cuales no voy a hacer referencia por el momento.

Agradecer los esfuerzos de todos y en especial los de Aurelio y Eulogio.Nos seguiremos comunicando con la periodicidad habitual.

Nota: Este texto sirve para prorrogar mi permanencia en la bitacora.

Joselito de la Calzada.Alias “Cheíto”.

FOTOS DE QUIRUELAS DE VIDRIALES

Martes, Octubre 18th, 2005

Por si hay algún despistado, seguro que sí, informo de que he insertado algunas fotos del viaje a la provincia de Zamora en el artículo del tomate gigante. Así que ya sabeis, mover el ratón para abajo chavales.
Etor

PD. Ya os informaré de la ascensión a Pena Trevinca en breve

[permítome modificar a anotación de H&Z para que só teñades que pulsar en tomate gigante para ir ás fotos. dorfun]

Disección

Domingo, Octubre 16th, 2005

Por indicacións de Carla e Mario, nace unha nova sección con vocación de polémica (esta bitácora vai ser a única con máis seccións que anotacións… pero bueno…)

O seu nome non está ainda decido pero sortease entre La chotada de la semana ou No me seas listillo, e consiste nunha dúbida semanal sobre a que poder discutir a gusto.

A primeira, xa discutida era: ¿O turismo é o sector que máis aporta ó enriquecemento do estado? ¿Máis que a industria? …e a resposta é que o 12% do PIB é do turismo frente ó 20% da industria…

Houbo xa moitas preguntas con polémica, con aposta, sen resposta… se alguén quere plantexar algunha xa sabe…

E noutra orde de cousas, quero informar que os usuarios desta bitácora que non teñan escrito nunca nesta bitácora (co seu usuario) e non escriban unha anotación nas próximas 3 semáns serán substituidos, por outros que non dispoñen de usuario propio, e sí teñen intención de escribir.

Saludos desde Vigo

Martes, Octubre 4th, 2005