Archive for Julio, 2005

A FESTA DA FRAGA………FESTA NACIONAL!!!!!!

Domingo, Julio 17th, 2005

O próximo domingo día 24 terá lugar o FESTIVAL FOLK da Fraga nas Pontes. Ollo porque segundo me indica Dorfun, as actuacions deste ano poden estar de pinga cohones….esperemos que sexan mais animadas que as do sabado do Festival de Ortigueira.

Muxarega ( GALIZA )

Susana Seivane ( GALIZA )

Urban Trad ( BELXICA )

Kila ( IRLANDA )

E por suposto, salientar a visita de Jonás e do diávolo Mera. E a todolos demais bitacoreiros xa sabedes asistencia sin falta faaaale?

Etor

Este ano, sí!

Lunes, Julio 4th, 2005

Este (foi)é o lema da nosa famosa acampada de esteiro na edición 2005.

Obxetivos: Pescar, descansar e disfrutar da praia.

Procedementos: Material de pesca abundante, variedade de colchonetas, esterillas, toallas e hamacas, e cremas protectoras en diversos formatos.

Resultados: Na fin de semán non se pescou, acabouse máis cansado do que se chegou o venres (co cal non se recuperaron folgos da semán) e houbo lixeiras queimaduras, moito torre e apenas unha minipachanga miserable.

Total, o de sempre, foi unha acampada de t. e de m. (non poño os nomes, porque os citados, apareceron no camping, o primeiro confirmado por todos, e ó segundo parece ser que o viu o chamin!!!)

Para variar, fixémonos notar no camping. O venres todo o mundo sabía quen era marta, o sábado a población coreaba o nome de Cabo e o domingo había un fantástico clube de fans de Flemón.

A noite dese venres proclamouse Cabo coma M.V.P. (revalidando o título como tantas outras veces!), e que se encargou de espertar alegremente a toda a acampada. Incrible pero foi o máis madrugador do sábado… non durmiu até o domingo!!!

O sábado foi o día (máis ben a noite) de Fle, que conseguir animar un pouco o que se presaxiaba coma nova festa funeral.

…e non teño máis ganas de escribir, porque ademáis a acampada non rematou!!!

Para máis datos e fotos, remítome ó resto de asistentes e ós reporteiros gráficos.